jueves, 13 de noviembre de 2014

XORNADAS BIOCONSTRUCION GUÍSAMO, ENXEÑEIROS SEN FRONTEIRAS e BIBLIOTECA VERDE

Queridas coetáneas e veciñas!
Este post vai en Galego, porque afortunadamente estas maravillosas actividades que gardan relación coa bioconstrución terán lugar na nosa terriña, e para ser máis concretos todas na provincia de A Coruña.
Dende aquí quero dar gracias a todas as organizacións que están facendo tanto porque a bioconstrución teña un lugar en todos os foros tanto técnicos como xeráis, e cada vez máis xente sexa consciente da forma que temos de habitar, construir e existir. 

II Xornadas Técnicas de Bioconstrución no sector da Xardinería e o Paisaxismo

bioconstrucion2014 3Do 17 ao 22 de Novembro, no Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Guísamo.

Luns 17/11/2014
16:00: Presentación das xornadas.
16:15-19:15 Relator : Jesús López. Uso de enerxías renovables no sector agrario.
Martes 18/11/2014
9:00-12:00    Relator : Juan Bello. Principios fundamentais e técnicas aplicadas en bioconstrución.
12:00-12:15  Pausa.
12:15-15:00  Relator: Carolina Martínez. Materiais empregados en bioconstrución.
15:00-17:00  Pausa comida.
17:00-18:30  Relator: Carolina Martínez. Exemplos de bioconstrución.
18:30-20:00  Relator: Juan Bello. Exemplos de bioconstrución.
  
Mércores 19/11/2014
16:00-19:00  Relator : Manuel Caamaño Suárez. Uso da pedra nas construcións tradicionais galegas.

Xoves 20/11/2014
16:00-19:00 Relator : Xosé Antonio Meixide.Características construtivas da madeira producida en Galicia.

Venres 21/11/2014
16:00-18:00 Relator: Xosé Antonio Meixide.Aproveitamento de madeiras procedentes de áreas axardinadas para aserrado mediante serras móviles.

Máis info pincha aquí.

Xornada "É neutral a tecnoloxía? As múltiples caras do feito tecnolóxico"

ESF Galicia
Data: 22 de novembro
Organiza: Enxeñeiros Sen Fronteiras
Lugar: Santiago de Compostela, Facultade de Filosofía

9:30 Recepción de participantes.

9:45 Presentación das xornadas.

10:00 Mesa redonda. Dimensión filosófico-ética da tecnoloxía
Delmiro Rocha. Filósofo. Proxecto Derriba. 
Sergio Cernadas. Sociólogo. Borja Santiago. Historiador. Membros da Universidade Cromática das Virtudes.
Juan Quintela. Coordinador do grupo de educación para o desenvolvemento da sede Coruña de Enxeñería Sen Fronteiras Galicia.
10:50 Relatorio. A tecnoloxía nas "artes para as persoas". Persoa do mundo das artes.

11:20 Descanso.

11:35 Mesa redonda. Dimensión socio-cultural da tecnoloxía.
José Manuel Vázquez. Antropólogo e profesor xubilado de Prehistoria da Universidade de Santiago de Compostela.
Vanessa Míguez. Antropóloga e especialista en fenda de xénero. Técnica da Oficina de Cooperación e Voluntariado da Universidade da Coruña. 
Representante de Agareso. Tecnoloxía para a comunicación transformadora.
12:25 Conversa con Jorge Mira. Físico, investigador e divulgador científico. Ciencia para as persoas. 

12:55 Descanso.
  
13:10 Mesa redonda. O pequeno é fermoso
Carolina Martínez García. Arquitecta técnica especializada en bioconstrución e coautora do blogue Bioconstruirme.
Emilio Padrón. Enxeñeiro informático. Membro do Grupo de Programadores e Usuarios de Linux. Soberanía dixital.
Antón Ríos Hucha. Enxeñeiro de Camiños, Canais e Portos. Membro da asociación Enxeñería Sen Fronteiras Galicia. Tecnoloxías apropiadas.

Máis info pincha aquí.


Biblioteca Verde


Durante todo este ano lévanse realizando relatorios e mesas redondas entorno a unha vida máis sustentable: mobilidade, consumo consciente, enerxía, e agora tócalle a quenda á bioconstrución. É un pracer para min poder falar dende unha biblioteca municipal, cun criterio xeral para todo o público que veña a facer consultas e a querer saber máis sobre este tema. Haberá unha selección de libros e revistas de esta temática para toda aquela persoa que desexe levar contidos para casa en préstamo bibliotecario. 
Espérovos o vindeiro día xoves 27 de Novembro as 19hs, na Biblioteca Municipal Sagrada Familia: Rúa Antonio Pereira 1, Bj. 15007 A Coruña - Teléfono: 981 184 392   Fax: 981 184 393 bsagradaf@coruna.es .


1 comentario:

  1. La arquitectura se define como la modificación del espacio físico para satisfacer necesidades humanas.

    ResponderEliminar