domingo, 8 de junio de 2014

Roteiro de recoñecemento de plantas e froitos silvestres comestibles

Roteiro de recoñecemento de plantas e froitos silvestres comestibles 


Prantas e froitos silvestres medran de forma natural e espontánea, e aportan o noso organismo elementos nutritivos de alto valor biolóxico, vitaminas, sales minerais e outras moitas sustancias activas de propiedades preventivas e curativas, que na súa inmensa maioría, están ainda por descubrir. 

As prantas silvestres teñen máis vitalidade e mellor calidade biolóxica, ademáis de posuir mellor capacidade de adaptación ao medio, que as de cultivo. Esta calidade da que gozan os vexetais consiste na adaptación ás condicions especiais e ambientais do hábitat onde medran. Ofrecendo os nutrientes e os elementos protectores máis axeitados para as persoas da súa zoa, sempre que medren sen sufrir grandes danos a causa dos fertilizantes químicos e fumigacións tóxicas, coma os pesticidas. 

Pasaremos unha mañá identificando e degustando prantas silvestres comestiveis, e ao final compartiremos o xantar co que traiamos cadaquén e/ou o que apañemos. 

Sábado 14 de Xuño
De 11:00h a 14:00h
Lugar: Finca A Pousa (Gondomar) 


Prezo Libre 
Ti pos o valor do curso en función de: A calidade da información, profesor, entorno,….

(Tamén podes trocalo por aceite de cociña usado)

A túa Economía Si tes o libro de plantas silvestres comestibles traio. Levaremos algun para a venda a 10€. Tamen podes descargalo gratis en: http://monacatorevolusionario.wordpress.com/


2 comentarios:

  1. Hai que apuntarse ou simplemente aparecer por alí?
    Algunha coordeada GPS da finca?

    ResponderEliminar
  2. Apareces por alí e listo. A dirección da finca é: Fontan 29, 36380 Gondomar, Pontevedra. "situada muy cerca del centro de Gondomar, justo debajo del pazo de Villarés"
    Envíame un correo a carolina arroba bioconstruirme punto com e che envio o cartel e o contacto de César.

    ResponderEliminar