sábado, 14 de diciembre de 2013

Bioconstrución no sector da Xardinaría e Paisaxismo

(non adoito escribir en galego no blogue, máis hoxe pídemo o corpo ;D )

   O Centro de Formación e Expirementación Agroforestal de Guísamo, organiza unhas xornadas de bioconstrución este luns 16 e mércores 18 de decembro. Teño a gran sorte de que quixeran contar comigo para dar un par de charlas sobre o tema, espero vervos por alí. 

Déixovos aquí o programa: 

Día Luns 16 decembro  
9:00-9:15 Presentación das xornadas. 
9:15-12:00 Relator: Juan Bello. "Principios fundamentais e técnicas aplicadas en bioconstrución".
12:00-12:15 Pausa. 
12:15-15:00 Relator: Carolina Martínez. "Materiais empregados en bioconstucción".  
17:00- 20:00 Relatores: Juan Bello e Carolina Martínez. "Exemplos de bioconstrución". 

Día Mércores 18 decembro 
9:00-11:00 Relator José Antonio Meixide. "Características construtivas da madeira producida en Galicia". 
11:00-11:15. Pausa. 
11:15-14:00 Relator : Jesús López. "Uso de enerxías renovables no sector agrario". 
17:00-20: 00 Visita ao Módulo Experimental Bioclimático no CIFP Someso na Coruña. 

Persoal encargado do desenvolvemento da actividade 
Coordinación: María Pilar Castro Garcia. Enxeñeira Agrónoma. Xefe Sección CFEA 

 Relatores: 
  • Juan Bello LLorente. Profesor na familia profesional de Edificación e Obra Civil, coordinador das actividades de bioconstrución do CIFP Someso de A Coruña. Arquitecto técnico especializado en Bioconstrución 
  • Carolina Martínez. Arquitecta técnica especializada en Bioconstrución. Socia fundadora da Asociación Espiga. Autora del blog bioconstruirme.com y miembro profesional de la Red de Construcción con Paja Jesús López Taboada. Técnico electrista especializado en montaje de instalaciones solares, eólicas y microhidráulicas. Experto docente de Formación Profesional Ocupacional, de Electricidad y Energía Solar,Eólica y microhidráulica. 
  • José Antonio Meijide Fernández. Enxeñeiro Técnico Agrícola. Xefe de Sección no CFEA de Guísamo. 


Máis información no teléfono 881 881 045 ou 881 881 043

Modelo de solicitude de inscrición:

O link do evento é  o seguinte:


Tamén aproveito para lembrarvos que o mércores 18 pola tarde, faise a 1º ASEMBLEA XERAL ORDINARIA da ASOCIACIÓN ESPIGA.



No hay comentarios:

Publicar un comentario